Preséntase no Museo de Pontevedra a publicación "As razóns do galeguismo autonomista-Xosé Fernando Filgueira Valverde", escrito por Manuel Regueiro Tenreiro e Fernando Regueiro Pérez. Tendo en conta a vixencia das ideas de Filgueira Valverde, 79 anos despois, e a actual preocupación pola situación política, a publlicación revisa o seu pensamento.
O traballo dos investigadores lucenses, publicado por Galicia Digital co apoio da Xunta de Galicia, xira arredor da conferencia-mitin que Filgueira Valverde (daquela Catedrático de Literatura no Instituto de Lugo) pronunciou o 18 de xuño de 1936 a través da emisora de Radio Lugo, e logo en Pontevedra, pedindo o voto no nome da Dereita Galeguista para o Estatuto de Galicia que se ía votar en Referendum o 28 daquel mesmo mes.
Na presentación interviron Xulio Xiz (no nome de Galicia Digital), Manuel Regueiro Tenreiro (coautor do estudo), Fernando Filgueira Iglesias (fillo de Filgueira Valverde), José Carlos Valle (Director do Museo de Pontevedra, entidade onde se garda o documento orixinal desta conferencia) e Xesús Ferro Ruibal, da Real Academia Galega e do Centro Ramón Piñeiro, en representación da Xunta de Galicia.
Os asistentes ao acto de presentación recibiron cadanseu exemplar desta publicación.
Algunos de los clientes que han confiado en nosotros
GaliciaDigital 2019-2023
Aviso Legal - Política de Privacidad - Política Cookies
Imágenes slider: Freepik