O Xeoparque Montañas do Courel sitúase na provincia de Lugo, Galicia, entre as coordeadas 42,715º N, 42,32º N e 7,023º W, 7,42º W. A poboación residente no territorio é escasa e dispersa, según datos do INE en 2016, nos 577,85km que compoñen o Xeoparque hai 5406 habitantes, repartidos entre os municipios de: Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
A nosa misión
Impulsar o desenvolvemento económico sostible do Xeoparque Montañas do Courel mediante a colaboración entre empresarios e comerciantes locais, promovendo a identidade territorial, o patrimonio natural e cultural, e a economía de proximidade.
A nosa visión
Ser unha asociación de referencia en Galicia pola súa capacidad de unir ao teixido empresarial local, fomentar a innovación responsable e contribuir activamente ao recoñecemento do Xeoparque como motor de desenvolvemento rural, sostible e inclusivo.
A nosa historia
A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel naceu nun momento de grandes retos, pero tamén de oportunidades. A súa orixe remóntase a xuño de 2020, en plena pandemia, cando a necesidade de apoiar ao teixido económico local impulsou unha ola de colaboración entre emprendedores e profesionais de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel —os tres municipios que forman o Xeoparque Mundial Montañas do Courel, recoñecido pola UNESCO.
A chispa inicial foi unha plataforma de comercio electrónico creada en Quiroga, que pronto despertou o interés de comerciantes dos municipios veciños. A raíz desta iniciativa, organizáronse encontros presenciais e sentáronse as bases para un proxecto máis ambicioso: unha asociación multisectorial, sen ánimo de lucro, que unira esforzos para dinamizar a economía da zona e reforzar a súa identidade territorial.
Así, o 12 de xuño de 2020, constituiuse oficialmente a Asociación, con 75 membros fundadores de distintos sectores como o comercio, a hostalaría, a industria ou os servicios, baixo a presidencia de Miguel Ángel Garrido.
Desde entón, a Asociación creceu en impacto, consolidándose como un actor clave na promoción da actividade empresarial do Xeoparque. Ao largo dos anos, desenvolveu campañas comerciais, colaborando con entidades locais e autonómicas, e organizando eventos para fomentar a visibilidade do territorio e o compromiso cun desenvolvemento rural sostible.
Hoxe, seguimos trabllando co mesmo espíritu co que comezamos: unir forzas para crecer xuntos, desde o corazón das Montañas do Courel.
Algunos de los clientes que han confiado en nosotros
GaliciaDigital 2019-2026
Aviso Legal - Política de Privacidad - Política Cookies
Imágenes slider: Freepik