La Comunidad de Montes Vecinales en mano común de Vincios gestiona el monte vecinal de la parroquia desde el 29 de septiembre de 1984, después de haber sido clasificado cómo tal por el Jurado Provincia de Montes Vecinales en mano común de la Provincia de Pontevedra. La entidad está integrada en la Mancomunidad de Montes del Val Miñor, que engloba a la mayoría de las Comunidades de Montes de la comarca y está asociada a la Organización Gallega de Comunidades de Montes en mano común. También es socia de la Asociación Forestal de Galicia desde el año 2022.
Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios
O comunitarismo. O monte veciñal é unha propiedade de orixe xermánica consolidada polos usos ao longo dos séculos pois era a base da sociedade rural para a obtención de enerxía, cama para o gando, pasto, madeira para construción, etc.
É unha propiedade que constitúe un exemplo de cooperativismo, de traballo en común, que co paso dos anos foi cambiando os usos tradicionais polos servizos do ecosistema que o monte aporta á Parroquia.
As características imprescritible, inalienable, inembargable e indivisible garanten a pervivencia no tempo deste tipo de propiedades. Actualmente permite a xestión do monte en todas as súas acepcións, a xestión forestal e doutros produtos, a existencia da gandería cabalar e doutro tipo, como o bovino, caprino ou vacún.
A existencia do comunitarismo contribúe ao desenvolvemento sostíbel da sociedade rural á vez que potencia a nosa identidade cultural xa que tan só no noroeste peninsular, Galicia e Norte de Portugal, se mantivo este tipo de propiedade comunitaria.
Os Proxectos. No Plan de Ordenación do 1999, a Comunidade de Montes de Vincios dividiu o monte en 6 zonas diferentes, ou cuarteis, aos que se lles adxudicou unha liña de actuación preferente. Así o monte pasa a ser un espazo multifuncional no que teñen cabida actividades como a forestal, a gandeira, a cinexética, a social, industrial, e por suposto a protección do monte.
Son moitas as pegadas dos aproveitamentos feitos polos veciños e veciñas no monte veciñal, onde a evidencia máis patente son as moitísimas canteiras artesanais repartidas por toda a superficie do monte, hoxe en día sin explotación, sendo claras testemuñas do que foi un dos grandes almacéns de pedra da Provincia de Pontevedra.
Tras o lume do ano 2017, e a presentación do Plan especial por 10 anos dentro Plan de Ordenación no ano 2018 e aínda presentando modificacións no 2022, os retos son altísimos porque preténdese non só rexenerar o monte, senón crear un monte multifuncional, viable, social e preparado para afrontar posibles incendios futuros. Todo isto está recollido dentro do Proxecto Vinicios Verde que trat de potenciar e poñer en valor os Servizos do Ecosistema.
Os usos potenciais dentro de Vincios Verde
Ademais dos usos que actualmente se veñen realizando no monte veciñal, propóñense unha serie de usos alternativos ou complementarios aos actuais. Estes usos teñen como fin aumentar a produción do monte, mellorar as condicións ecolóxicas e paisaxísticas e favorecer a integración social do monte entre a veciñanza da parroquia e dos lugares próximos. As alternativas propostas pretenden conseguir un monte sostible.
Xunta Reitora (dende 6 de setembro de 2020)
Alberto Covelo Casal (presidente)
Oscar Barros Otero (Vicepresidente)
Antonio Gallego Gallego (secretario)
Alfonso Salgueiro Salgueiro (tesoureiro)
Lucila Rial Prado (vogal)
Montserrat Salgueiro Varela(vogal)
Plácido Otero Rodríguez (vogal)
Eduardo R. Rial Salgueiro (vogal)
Algunos de los clientes que han confiado en nosotros
GaliciaDigital 2019-2023
Aviso Legal - Política de Privacidad - Política Cookies
Imágenes slider: Freepik