Abreuse ao público na Biblioteca Provincial de Pontevedra “Antonio Odriozola” (Alfonso XIII, 3) a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese concello, e que da nome á Casa municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está a celebrar a vixésima edición.
A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ emprendido por Galicia Digital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura), a Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega.
Esta mostra itinerante comezou o seu percorrido na casa da cultura de Paradela para logo expoñerse en Lugo, Begonte, Portomarín, Sarria, Vilalba, Santiago, A Coruña, Barcelona, Madrid, na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, na Biblioteca Anxo Casal de Compostela, na Casa das Palabras de Guitiriz, no Concello de Meira e no Antigo Hospicio do Ferrol.
Está composta por oito paneis dobles, nos que se reflicte de xeito moi gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Catalunya, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no País catalán.
A exposición, que permanece en Pontevedra ata finais do mes de novembro, inaugúrase co Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, acompañado do Alcalde de Paradela, Xosé Manuel Mato; a viuva do escritor, Irene López, e o Director de Galicia Digital, José Antonio Giz.
Algunos de los clientes que han confiado en nosotros
GaliciaDigital 2019-2024
Aviso Legal - Política de Privacidad - Política Cookies
Imágenes slider: Freepik