Usted está aquí

A Biblioteca Virtual Egeria, incardinada en GaliciaDigital, ofrece xa cincocentos libros libres, aos que se pode acceder na súa totalidade, de xeito gratuíto.

Son 500 publicacións esgotadas ou inéditas, do maior interese, de ensaio, narrativa, poesía; cultura ou turismo; investigación ou divulgación, de difícil acceso por outros medios, que se ofrecen na súa totalidade, gratuitamente, a todos os interesados, por xentileza dos seus autores.

A que fai o número 500 é Lugopoética 2025, libro que recolle os seis encontros de “parellas poéticas” levados a cabo dentro do proxecto do mesmo nome, desenvolvidos cara ao público na sede lucense da UNED, gravados e transmitidos pola UNED pola súa rede de comunicación, e difundidos por Internet.

A Biblioteca Virtual Egeria é unha iniciativa do Colectivo Egeria que, por convenio coa plataforma virtual GaliciaDigital, se ofrece a todos os públicos, de xeito gratuíto, para poder acceder, ler e capturar, publicacións diversas ás que, doutro xeito, sería moi difícil acceder.

Os autores que desexen colaborar nesta iniciativa, e divulgar os seus traballos por unha canle diferente, global e gratuíta, poden remitir os seus orixinais a correo@egeria.gal.

CLIENTES


Algunos de los clientes que han confiado en nosotros