Usted está aquí

Nueva Web: 13 Ferrados

13ferrados forma parte de A Gargalleira, un fermoso terreo de 5 ha no corazón de Galicia, onde nos instalamos a comezos desta década.

Nel conviven prados e touzas —zonas arboradas poboadas principalmente por castiñeiras, carballos e acivros—, xunto con bosques de ribeira (salgueiros, bidueiros, ameneiros e sabugueiros, sobre todo) na contorna do regato da Mera–Gouxa, que atravesa o predio.

En 2020 deixamos atrás a cidade e viñemos vivir aquí, cos pés na herba e as cabezas centradas na sostibilidade e a natureza, para poñer en marcha o noso proxecto vital de cara ao noso próximo medio século de vida.

A Gargalleira acóllenos e 13ferrados é unha das súas facetas.

 

CLIENTES


Algunos de los clientes que han confiado en nosotros