desenrolo webs presenciais automáticas, feitas por vostede mesmo

Máis información sobre as páxinas presenciais

Estas páxinas son basicamente sitios Web para persoas, asociacións profesionais e pequenas e medianas empresas que desexan ter presenza ou iniciarse en Internet, dando a coñecer quen son, a que se dedican, a posibilidade de contratar os servizos da súa empresa e o xeito de contactar co responsable.
Todo, cunha apariencia formal e visualmente atractiva que permita ós usuarios de Internet ter unha mínima información da súa actividade a través dunha páxina web (cun dominio propietario ou non), e utilizando correos personalizados.
Este tipo de proxectos normalmente inclúe un subdominio gratuíto (o seu nome añadido a un dominio), pero o máis aconsellable é o rexistro do dominio (nome) da empresa en Internet (Un ano, mínimo), o aloxamento anual da páxina web e unha ou varias contas de correo electrónico de 5 Mb cada unha.
Unha web presencial conterá as seguintes páxinas:

  • Quen somos
  • Onde estamos
  • Que facemos

Para contratala, entre en “realizar pedido” e vaia ó apartado de “web presencial”, para elixi-lo tipo de “paquete” que mellor se acomode ás súas necesidades:

Paquete Pres2: Para as empresas que queiran enlaza-la súa web desde a súa ficha en www.empresasdegalicia.info (ampliando esta cunha foto da empresa), e enlazando á súa vez desde outro dos nosos portais onde figure. O acceso será tamén co seu dominio ou subdominio.

Paquete Pres2: Para as empresas que estean relacionadas co turismo (hoteis, cafeterías, restaurantes, casas de turismo rural, etc.), que poderán estar enlazadas desde www.turismogalicia.info ou www.feirasdegalicia.info. O acceso será tamén co seu dominio ou subdominio.

Paquete Pres3: Para as asociacións culturais, deportivas, asociacións de veciños, Apas, Asociacións profesionais, etc., que poderán estar enlazadas desde www.xuntos.info, www.culturagalega.info e Deportes. O acceso será tamén co seu dominio ou subdominio.

Localizarase a súa web a través dos directorios destes portais, xunto coa dirección que Vde. elixa. Se ten dominio propio: www.oseunome.com. Se quere un subdominio: www.empresasdegalicia.info/oseunome, ou www.xuntos.info/oseunome, etc. Despois de realiza-lo pago, envíenos o xustificante e o material para confeccionarlle a páxina: logotipo, 3 fotografías e textos (Un folio por apartado). En 48 horas estará lista a web.
Se ten dificultades, pode poñerse encontacto connosco e trataremos de axudarlle: Tfno. 902.190 387. E-mail: interdix@interdixgalicia.com.
Cada ano terá que efectua-la renovación do dominio (se o ten) e o aloxamento, poidendo entón modificar o contido da súa páxina.


Otros servicios disponibles para completar su nombre de dominio.

->Escaparate Galego
Promocione a súa Empresa
2,5€  
Promocione o seu Negocio e os seus productos máis destacados nun escaparate virtual único.
->Copia de Seguridade
Copia de seguridade da súa web
2,5€  
¿Non lle gustaría ter dúas portas e dous escaparates no seu negocio?.
->Telefonía e Banda Ancha
Servicios avanzados en Telefonía e ADSL
5€  
Atención ó cliente
982 36 41 38
Atención ó cliente
Soporte en línea
Atención ó cliente
info@interdix.com